PROGRAMA DE ALUMNOS/AS TITORES/AS
Para facerche máis doada a incorporación á Universidade existe a figura do Alumno/a Titor/a, que é un/unha estudiante “veterano/a” que te pode orientar, acompañar e ofrecerche consellos prácticos , respondendo as túas dúbidas e facilitando a túa integración no ámbito universitario. Cada curso académico publícase unha convocatoria do Programa Alumnos Titores para levar a cabo a selección dos alumnos/as titores/as do curso seguinte.
