Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo

la-escuela-laborales-lugo
A Escola

Presentación e Benvida

Benvidos á páxina web da E.U. de Relacións Laborais de Lugo, Centro adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, pertencente á Fundación Campus Universitario de Lugo.

Nesta páxina web atoparás toda a información necesaria, tanto da propia Escola, coma dos diferentes estudos e demáis actividades organizadas polo Centro.

A Escola Universitaria de Relacións Laborais comezou a súa andaina no ano 1995 como resposta á demanda social de formar expertos no ámbito do traballo e as súas relacións.

Así, a primeira titulación impartida foi, a hoxe extinguida Diplomatura en Relacións Laborais. Dende o curso 2009-2010, integrándose no sistema do Espazo Europeo de Educación Superior, implanta o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, Curso Ponte e Curso Ponte Semipresencial .

A pretensión principal do Grao consiste en formar a expertos no ámbito do traballo e das súas relacións, entendidas estas en sentido amplo (regulación legal das relacións traballador-empresario; organización do traballo; dirección e xestión de persoas e grupos nas organizacións…) que lles permita exercer de modo axeitado a profesión de Graduado Social, intervir no deseño e posta en práctica da estratexia e as políticas de recursos humanos, así como en materia de organización do traballo en todo tipo de organizacións, asesorar, prestar apoio e emitir ditames no ámbito sociolaboral.

Se tes interese en estudar unha carreira universitaria con múltiples saídas profesionais, e nun centro dinámico, activo e próximo, convidámoste a dar un paseo pola nosa páxina web onde atoparás información máis detallada sobre o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e outras actividades desenvolvidas pola E.U. Relacións Laborais de Lugo.

Moitas grazas pola túa visita.
Un saúdo.

Mercedes Montes Rodríguez
Directora

Equipo de Goberno

Persoal de Administración e Servizos

Instalacións

Despachos

  • Dna. Ana Victoria Santín Sánchez – Secretaría Académica
  • D. Antonio García Rojo – 106
  • Dna. Carmen Redondo López – 109
  • D. Diego Vilanova Da Costa – 114
  • D. Josefina Baamonde Méndez – 103
  • D. Javier Rivas Costa – 108
  • Dna. María Devesa Maciñeiras – 107
  • D. Luis Lamas Novo – 113
  • Dna. Jackiline Salazar Torres – 102
  • Dna. Mercedes Cobo Carrasco – 202
  • Dna. Mercedes Montes Rodríguez – Dirección
  • Dna. María Gómez Barreiro – 205
  • Dna. Rosa Díaz Alonso – Planta Baixa
  • Dna. Teresa Hermo López – 111
  • D. Santiago Silva López – 101
  • D. Gonzalo Núñez Corredoira – 112

Sala de lectura

Ubicación: E.U. Relacións Laborais Lugo
Capacidade: 17 persoas

Biblioteca

Existe unha Biblioteca Intercentros cunha capacidade de 1615 prazas. A súa ubicación está no Campus de Lugo, a 60 metros da Escola, e presta servizo a todos os alumnos da Universidade de Santiago de Compostela, independientemente do Centro ao que pertenzan.

Colaboradores

 

Información legal

Aviso legal

Política de privacidade e Cookies